
O valenciano Luís Climent, logo dunha final apretadísima, coroase como campión do II Fórmula Rali do Cocido.
A tarde do 14 de febreiro, tódolos asistentes ó evento levado a cabo pola escudería Lalín-Deza, lembrarana como unha sesión de espectáculo contínuo.
Os milleiros de siareiros achegados a Lalín dende toda Galicia, Asturias, Cantabria, Castela, Madrid e os veciños de Portugal vibraron co espectáculoque ofreceron todos e cada un dos pilotos asistentes.
Primeiramente cada piloto dou duas voltas ó circuito como recoñecemento, ca premisa de ofrecer o maior espectáculo posible.
E así foi, un tras outro foron saíndo todos e a tensión foi subindo ata que saiu ó “ruedo” Gigi Galli, o momento máis esperado pola maioría.
Super-Galli fixo as delicias do presente nesta primeira toma de contacto en serio no flamate Mitsubishi Lancer Evo IX que a xente de AR Vidal preparou ó detalle para que o transalpino nos amosara de todo o que é capaz.
Unha vez rematada esta primeira tanda, e antes de proceder á tanda cronometrada foi a hora de Iván Ares, que a bordo do seu Kart-cross nos mostrou a súa maestría poñendo o listón moi alto en canto a espectáculo se refire.
Semifinal
E chegou a hora da verdade, haber quenes serían os catro valentes que e clasificarían para a final.
O primeiro en sair foi Ferreiro, quen a bordo do seu Ford Escort decidiu somentes facer espectáculo e olvidarse do crono, polo que o primiero en sair a por todas foi un navarro, o pentacampión da copa Ranult, Javier Azcona, e vaia se saiu, o crono que obtivo serviulle para meterse na finalísima, algo que posteriormente conseguiron tamén Jaime Castro no seu atómico Mitsu, un espectacular Víctor Magariños no seu BMW M3 con cambio de decoración incluida e o piloto de Requena, Luís Climent. que tamén conseguía meterse na final logo de conseguir o mellor tempo da tanda.
Quedaron fóra nesta semifinal xente como Oriol Gómez, Jaime Azcona, Manolo Senra, Toño Villar, Amador Vidal, José Manuel Pose (con susto incluido), pero todos separados por apenas cinco segundos.
Final
Despois dun tempazo de Javier Azcona (a quen non se lle notou a inactividade) vimos a un Magariños moi rápido e polo sitio, pero que por culpa dun trompo perdia un tempo precioso e o retrasaría demasiado. O terceiro en saír sería Jaime Castro, que conseguía baixar un segundo o seu anterior rexistro da semifinal e parar o crono nos 59,39 segundos. Nese intre só quedaba por sair a pista Luís Climent, o campión de España de Rallyes de asfalto de 1996 que foi piloto oficial de Citroën, Renault, Skoda…, o valenciano saiu a por todas e detivo o crono en 59,19 segundos, duas décimas de segundo coroaron Luís como gran vencedor, e así escribir o seu nome no palmarés de proba un ano despois de Sergio Vallejo.
Pero ainda faltaba por chegar a última sorpresa da tarde, e de novo con Gigi na pista presenciouse unha nova demostración de pilotaxe que rematou en algo que ninguén se esperaba, Galli para poñerlle o broche de ouro á proba quixo ser “Gaiteiro”.
Dende a Escudería Lalín-Deza agradecer a presenza de tódolos pilotos, medios de comunicación, así como aficionados e personal que colaborou na organización.
E sen máis, quedades todos convidados ó III Fórmula Rali do Cocido, que a conta atrás xa comezou!!!!.
Un saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario