
A terceira proba do Campionato de España de Rallye 2009, terá lugar este próximo fin de semana en Santander, coa celebración da 31ª Edición da Cantabria Infinita
Espérase un fin de semana intenso, nunha terra onde o rallye é algo máis. A bo seguro as cunetas cántabras serán testemuñas do grande espectáculo que ofrece o campionato de España 2009. Nesta edición o rallye cántabro verá unha gran loita entre os potentes GT e os eficientes N Plus, a bo seguro as condicións climatolóxicas poden marcar o desenlace do rallye.Sergio Vallejo espera un rallye como sempre difícil, no que haberá que traballar moi ben todos os detalles, nun terreo complicado e non sempre favorable ao Porsche del Nupel Rallye Team: imos ver se as condicións climatolóxicas van influír no rallye, se as condicións son en seco, creo que loitaremos por estar moi arriba, se pola contra chove, veremos de que son capaces os N plus. De todos os xeitos tras non puntuar no Vila Joiosa, para nós é moi importante estar en meta.
Xevi Pons chega ilusionado tras as dúas primeiras probas, Vila Joiosa e Canarias, coas que se iniciou este Campionato de España 2009. O Mitsubishi Evo X do Nupel Rallye Team, das mans de Josep Calm, estase a demostrar cada vez máis competitivo e fiable.
Será un rallye difícil, con moitos cambios de agarre e de ritmo ademais o nivel neste campionato de España é moi alto e haberá que rodar rápido para estar arriba. O noso obxectivo pasa por loitar polo podio e ao mesmo tempo defender o Grupo N, así que temos un duro traballo por diante. Coa axuda do magnífico equipo humano do Nupel Rallye Team, Alex e máis eu ímolo dar todo para conseguir o noso obxectivo.
Declaracións de Sergio e Xevi onte pola tarde ao finalizar os recoñecementos do rallye. Un Rallye que se iniciará hoxe venres pola mañá co shakedown en Villacarriedo e coa cerimonia de saída en Santander ao anoitecer. Aínda que a auténtica competición se iniciará o sábado ás 7:30 h da mañá, un día duro para os pilotos, xa que lles esperan máis de 549 Km., dos cales 165 serán contra o crono, repartidos en oito especiais. O rallye chegará á súa fin pasadas as nove da noite no podio instalado no Sardiñeiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario