
O piloto vigués demostra que os rallyes son un deporte no que prima a resistencia e a perseverancia.
Dos oito pilotos que saíron a mañá do malecón de San Lázaro integrados no Trofeo Promocional destinado ós debutantes, cinco remataron a carreira despois dos máis de 100 quilómetros cronometrados que a Escudería Berberecho planificara para as vodas de prata do Rallye de Noia.
Esta proba demostrou como son as carreiras, onde os líderes ata o momento, Carlos R. Guerreiro e Jordan Vázquez, non puideron facer máis que terceiros despois dunha saída de pista pola mañá na que perdemos case dous minutos. O piloto de Melide Motorsport lamentaba saír tan atrás, que nos impediu correr tres treitos da tarde, onde queriamos recuperar o tempo perdido. De tódolos xeitos estou moi contento, sobre todo por que xa me sinto plenamente acoplado ó coche e ó meu copiloto.
Tras os oito treitos cronometrados Pedro Freire copilotado por Juan Gándar e a bordo do seu Renault Clio 16v, foron os pilotos máis rápidos nun rallye no que correron cun xogo de pneumáticos regaladas dun desguace diante, e atrás cunhas Matador retalladas que remataron nos alambres e tantos sustos nos deron nas humidades. Pese a todo realizaron un bos tempos pese a que en sempre tiñamos que adiantar un ou dous coches dos que nos precedían, coa conseguinte perda de moitos segundos.
Eloy Pérez e Sonia López siguen vivindoa parte máis amarga dos rallyes: dos tres que levamos aínda non puidemos estar cómodos. Antes deste rallye fixemos unha revisión a fondo da parte mecánica do vehículo, pero algo fallou na parte eléctrica que non funcionaba ben. O medo de que a avaría eléctrica fose a máis e provocase un incendio impediume concentrarme ó 100% e desfrutar, a ver se no Albariño remata a mala sorte.
Adrián Bouza e Heriberto Atán foron os dous abandonos do día, ambos por problemas mecánicos: o primeiro por problemas na caixa de cambios, e o local por un palier.
No hay comentarios:
Publicar un comentario