lunes, 20 de abril de 2009

Luis Vilariño e Moncho López logran en Noia a quinta praza, estreando o seu Renault Maxi Megane


Á terceira foi a vencida e esta vez si puido inaugurar Luis Vilariño a súa cuadrícula de puntos no Campionato Galego de Rallyes. Tras os abandonos nas citas de Ulloa e Lalín, o piloto de Palas de Rei móstrase moi satisfeito coa quinta praza obtida na súa visita á bisbarra do Barbanza, sobre todo pola boa impresión que lle causou o seu novo coche, co que afirma poderase pelexar pola vitoria unha vez me adapte máis adaptado á súa condución.

Sen tempo para probar nada
Despois de chegar de Francia o seu novo coche apenas un día antes da carreira, Luis Vilariño non tivo tempo de probar nada e lamentaba que nos tería gustado facer un test en condicións co coche, pero nesta ocasión non tivemos tempo. Por iso o inicio de carreira en Noia estivo marcado pola prudencia: a estrada estaba mollada e sen coñecer apenas o coche, decidín ir con moita cautela. O feito de que os cronos non fosen de todo malos demóstrame o bo que é este vehículo e o rápido que se pode correr con el, unha vez o teña máis pola man.

Vilariño saldaba a súa actuación en Noia coa quinta praza final, un resultado que de cara ao Campionato ten o factor engadido de que foi o vencedor na súa división (X12), o que lle permite sumar moitos máis puntos. Por outra parte o feito de que o piloto cántabro Sergio Pérez non bloquee puntos implica que en realidade Vilariño obterá os mesmos puntos que se tivese quedado cuarto.
Cambios de última hora na clasificación
Aínda que Vilariño e o resto de equipos participantes comezaban a chegar ao final do rallye (no noiés Malecón de San Lázaro) en torno ás 21 h 30 horas, o certo é que o desenlace da proba non quedaba definido ata ben pasada a media noite, debido a varias decisións que os comisarios deportivos tiveron que tomar, no referente á aplicación de penalizacións: Pedro Burgo foi penalizado con 2 minutos (por adianto nun control) e José Martínez Barreiro foi excluído (por circular marcha atrás en zona de control).

O coche ten un enorme potencial
Tras este primeiro contacto co coche, Vilariño móstrase moi satisfeito: o coche vai por raís e ten un enorme potencial. De feito aínda que cometín moitos erros, e vin moitas zonas onde se podí correr máis (simplemente me faltou coñecer mellor o coche) os tempos parecéronme, sinceramente, mellores do esperado. Agora fainos falta rodar máis kms co Megane para tratar de aprender a sacarle o máximo. Posiblemente acudamos a algunha proba fóra de Galicia antes da seguinte cita do Campionato, ademais do cal a miña intención é participar no Racingshow Caixanova do próximo 2 de maio, que sendo un evento retransmitido en directo pola TVG, considero é moi interesante de cara aos meus patrocinadores.

No hay comentarios: