domingo, 26 de abril de 2009

Esteban Vallín gaña a Swift no 33º Rallye Illas Canarias


Como xa vén sendo habitual, as Illas Canarias ofreceron aos pilotos do Campionato de España unha proba dura e técnica na que os erros se pagan caros. Nesas condicións Esteban Vallín impuxo a súa experiencia e coñecemento dos tramos insulares para levarse a vitoria final na Copa Suzuki Swift.

Unha vitoria que lle serviu ademais para clasificarse nunha moi meritoria sexta posición absoluta na Clasificación da Copa de Europa de Rallyes, demostrando a dureza e prestacións dun Suzuki Swift que non ten medo a enfrontarse ás condicións dunha das probas máis duras do Europeo.

Vallín tomouse con calma os primeiros compases da proba, buscando conservar os pneumáticos nuns tramos moi abrasivos que esnaquizan os rodas. Aitor Fernández comezou mandando na primeira etapa, marcando catro scratchs e mantendo o liderado ata que unha saída de estrada no noveno tramo o levou ao abandono. Mala sorte tamén a do asturiano Miguel Angel Blanco, quen tras rodar na terceira praza e gañar dous tramos, abandonaba ao romper o motor debido aos danos dunha saída de estrada cando ía camiño do penúltimo tramo do rallye.

Os accidentes que sucederon na segunda etapa, levaron a Pablo Pazó á segunda praza, mentres que Pablo Rey pechou o terceiro caixón do podio.

Angel Romo viu recompensada a súa perseveranza coa cuarta praza, o madrileño cun presuposto bastante xusto saía ao rallye coa intención de rematar a proba e sumar puntos de cara ao campionato. Pola súa banda o debutante Manuel Souto colocábase na quinta praza nunha proba na que todo era novo para el xa que nunca saíra a correr fóra de Galicia.

Pechan a clasificación Jorge González e Mario Zullo, ambos os dous pilotos tomáronse con calma a súa participación nunha proba tan dura, véndose recompensados coa sexta e sétima praza final.

Mala sorte correron Diego Pinilla e Miguel García xa que ambos os dous abandonaron durante a primeira etapa por saída de estrada, sendo García o autor do mellor tempo no segundo tramo do día.

Clasificación final 33 Rallye Islas Canarias

  1. E.Vallin – 2:37:47,1
  2. P.Pazó a 1:19,7
  3. P.Rey a 2:40,8
  4. A.Romo a 4:18,5
  5. M.Souto a 5:18,6
  6. J.González a 8:50,7
  7. M.Zullo a 10:29,2

Clasificación provisional Copa Suzuki Swift tralo 33 Rallye Islas Canarias

  1. E.Vallín – 54 ptos
  2. P.Rey – 28 ptos
  3. P.Pazó – 26 ptos
  4. A.Romo – 23 ptos
  5. M.Jiménez – 20 ptos
  6. A.Fernández – 19 ptos
  7. M.Blanco – 18 ptos
  8. J.González – 16 ptos
  9. M.Zullo – 14 ptos
  10. M.Souto – 12 ptos
  11. M.García – 11 ptos
  12. C.Belsa – 7 ptos
  13. D.Pinilla – 4 ptos



No hay comentarios: