viernes, 8 de mayo de 2009

Paula Costas levanta o público dos asentos no Racingshow Caixanova


A nova piloto de karting viguesa, Paula Costas, regresaba como convidada para realizar unha exhibición no ámbito do Racingshow Caixanova, celebrado o pasado sábado nun dos pavillóns do IFEVI, todo iso dentro do marco do Salón do Automóbil de Vigo que concluirá o próximo domingo.

A pesar da gran cantidade de pilotos con reclamo que se presentaron á proba espectáculo, como o campión do mundo de rallys en 1994, o francés Didier Auriol, Paula Costas realizou de novo unha espectacular exhibición co seu kart.

Non obstante non todo saíu á perfección, pois diversos problemas cos motores impediron que Paula Costas puidese rodar máis rápido do desexado sobre o circuíto deseñado no interior, ao que se unía un firme totalmente deslizante, o que provocaba que Paula fixese e desfixese ao seu antollo, cun festival de cruzadas, derrapaxes e trompos que foi celebrado polo numeroso público presente, que practicamente encheu o recinto feiral, chegando mesmo a realizar a onda (coma se dun estadio de fútbol se tratase) ao paso do kart da piloto de Vigo.

No hay comentarios: