
Números relevantes
Hai algunhas cifras que revelan a importante presenza do Volante RACC Galicia no certame autonómico de rallyes, no que é con claridade a copa de promoción máis importante:
- Unha delas é o n.º de participantes, que foi de 30 equipos inscritos (finalmente tomaron a saída 28) sobre un total de 138.
- Outra é o feito de que os 4 mellor clasificados do Volante RACC Galicia se meteron tamén entre os 10 primeiros da xeral, demostrándose a alta competitividade e ritmo dos equipos que aquí compiten.
- Por último, mencionar que foron 23 os "Volantistas" na chegada do rallyes, dun total de 97 clasificados, representando máis da cuarta parte.
O local Emilio Figueira, que xa destacou na carreira anterior, foi o máis rápido no primeiro tramo do rallye, se ben sufriu problemas mecánicos (caixa de cambios) no segundo, o que lle custou moito tempo, caendo na clasificación e tendo que remontar despois de emendar o problema. A rotura dun palier pola tarde poñería fin ao seu rallye, aínda que para entón a loita pola vitoria xa estaba centrada en Adrián Díaz e Bruno Meira.
Adrián Díaz aproveitou os problemas de Figueira para situarse líder no segundo tramo, se ben Bruno Meira deixaba moi claras as súas intencións lucíndose na especial de San Finx, onde a pesar de problemas na caixa de cambios (como ben demostraban as fumaredas de valvulina deixadas polo tramo, especialmente na primeira pasada) marcou o scratch nas dúas pasadas disputadas, o que lle servía para chegar ao ecuador da carreira como líder con escasa vantaxe sobre Díaz. Quedaban aínda catro tramos por disputarse, e todo podía suceder.
No hay comentarios:
Publicar un comentario