
A segunda edición do Produción Rallye Racing presentouse oficialmente nun acto celebrado no Hotel Santiago de Lugo a mediodía do venres 1 de maio.
A presentación contou coas intervencións de Rafael Del Río, en representación de Ralliart España, Antonio Zanini, por parte do RACC, e o organizador do certame, Roberto Méndez. Os tres coincidiron en destacar o éxito da primeira edición do Producción Rallye Racing, disputado ao longo do 2008, como base para a realización desta segunda edición, que volve incidir no seu caracter mixto asfalto-terra como característica principal e que a diferenza de todas as demais copas e trofeos de rallyes que se disputan en España, converténdoa no terreo ideal para a formación de pilotos completos.Zanini insistiu na importancia formativa deste esquema que mestura rallyes nas dúas superficies e desexou sorte aos sete equipos participantes neste este ano, presentes todos eles no acto e que son Juan Carlos Aguado-Víctor Ferrero, Alex Bercianos-Adriá Aragó, Diego Cabanela-Alberto Rodríguez, Benito Guerra-Alex Noriega, Carlos Márquez-Aintzane Goñi, Antonio Pérez-Iván Gómez e Victor Senra-David Vázquez.
Del Río reiterou o apoio de Ralliart ao proxecto posto en marcha por segundo ano consecutivo por RMC Motorsport coa colaboración da Real Federación Española de Automobilismo e o RACC, e glosou as calidades do novo modelo de Mitsubishi que se utilizará este ano neste, o EVO X, no que a marca xaponesa realizou un importante investimento para convertelo no mellor EVO fabricado ata a data.
Méndez agradeceu especialmente aos patrocinadores o seu apoio para esta tempada, un apoio renovado por parte da RFEdeA, o CSD, o RACC, Ralliart, GT2i e Mitsubishi que se fai máis necesario que nunca dada a difícil situación económica xeral e, no caso concreto de RMC, foi imprescindible para poder afrontar o importante investimento necesario que supón poñer en marcha un certame das características do PRR e dar continuidade a este o ano próximo co premio para o gañador do 2009: ser piloto oficial de RMC no Campionato de España de Rallyes cun EVO X 'tope grupo N'.
Tras as diferentes intervencións, os asistentes tiveron ocasión de departir nun distentido lunch, ao final do cal os pilotos, copilotos e mecánicos comezaron xa a traballar sobre os seus vehículos. Os coches foran asignados previamente a cada equipo por sorteo e este primeiro contacto con estes centrouse basicamente nos habituais axustes de bacquets, pedais e demais elementos do posto de condución, aproveitando tamén os equipos para realizar probas de cambio de pneumáticos. Mañá sábado a xornada estará dedicada aos tests en asfalto dos sete EVO X, mentres que o domingo será a quenda da primeira proba dos coches sobre terra, en ambos os dous casos sobre tramos pechados ao tráfico nas inmediacións de Lugo grazas á colaboración do Equipo Miño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario